Anuncios
Ticker de novas

Un millar de escolares enchen de cor as rúas de Gondomar

Continuando coa programación de Entroido, este venres celebrouse en Gondomar o tradicional Desfile Escolar, co que colabora o Concello a través da Concellería de Educación que dirixe Iria Lamas, unha actividade que edición tras edición afianza o seu éxito entre os máis pequenos.

Nesta ocasión participaron preto de 1.000 escolares dos centros educativos CEIP Chano Piñeiro, CEP Xosé Neira Vilas, IES Auga da Laxe e IES Terra de Turonio, que encheron de cor o centro do municipio durante preto dunha hora.

Todos eles, ataviados cos seus mellores disfraces, partiron ás 11:00 horas desde o Pavillón de Deportes para percorrer as principais rúas de Gondomar. Subiron por Elduayen cara ao Concello, Párroco Mariño cara á Alameda de San Bieito e volveron cara a Elduayen para finalizar de novo no Pavillón.

 

Anuncios