Nova xuntanza aberta do colectivo Rexeneración Forestal Autóctona Val Miñor

O colectivo Rexeneración Forestal Autóctona Val Miñor celebra este venres día 9 de febreiro unha nova xuntanza aberta a todas as persoas interesadas en colaborar na rexeneración dos montes queimados con especies autóctonas. A reunión comezará ás 20:30 horas na segunda planta da antiga Estación, enfronte do Cine da Ramallosa.

A proposta da Orde do Dia é a que segue:

1-Accións. Propostas concretas:
Verdeval
Chandebrito
Couso
Outras

2-Traballo feito por cada un dos equipos de traballo.
-Acción directa
-Comunicación
-Comunidades de Montes
-Educación
-Información e recursos
-Xestión de voluntariado (non hai xente apuntada)
-Xurídica-Legal (non hai ninguén apuntado)

3-Xente apuntada recentemente. Anotarse en grupo de traballo.

4-Posible participación nas Xornadas de montes e veciñanza. No espazo de colaboración participativa pola tarde de 17 a 19 o día 10 de marzo.

5-Informar de que veñen os da comunidade de Montes de Freixo a contar o que están facendo e a propoñer colaboración.