Anuncios
Ticker de novas

Ferreira consulta aos veciños sobre a posible celebración en Gondomar dunha feira de oportunidades

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Paco Ferreira falando cuns veciños.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, puxo en marcha este mércores unha enquisa a través da súa páxina de Facebook co obxectivo de coñecer a opinión dos veciños sobre a posible celebración no municipio dunha feira de oportunidades na que a xente pode vender, comprar ou regalar: mobles, libros, obxectos persoais, lembranzas, etc. “É unha proposta que a cidadanía me propón e que o Concello poñería en marcha de ser unha demanda”, asegura o rexedor. Os interesados en votar entre as dúas opcións dispoñibles, si ou non, poderán facelo durante 6 días.

Anuncios