Anuncios
Ticker de novas

Faladoiro e presentación do libro “O monte galego” no IEM

Alberte Blanco Casal.

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza este venres 9 de febreiro ás 20:30 horas o segundo faladoiro de anticipación do ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros”, no que intervirán Alberte Blanco Casal e Alfredo Suárez Canal na presentación do libro “O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional?”.

O acto, que terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10 baixo, Gondomar) será presentado por Camiño Noia Campos, catedrática de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Vigo.

Alberte Blanco Casal

Profesor de Tecnoloxía de Ensinanza Secundaria no instituto de Verín. Foi Director Xeral de Montes da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia (2005-2009). Foi fundador da Asociación Cultural Monterrei, da súa revista A Tempo e do colectivo de animación cultural Foro Monterrei. É colaborador dos diarios dixitais Sermos Galiza, Praza Pública e Terra e Tempo, e da revista do Fórum Galaico Transmontano editada en Chaves.

Alfredo Suárez Canal

Foi concelleiro en Allariz e deputado provincial de Ourense. Deputado no Parlamento de Galicia (1993-2005). Logo dunha longa carreira política, foi nomeado conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, entre 2005 e o 2009.

Anuncios