Ovalmi prepara xa a 6ª Feira de Oportunidades “Portobelo” en Gondomar

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) está a organizar a 6ª Feira de Oportunidades do Val Miñor, denominada “Portobelo”, que se celebrará o vindeiro domingo día 11 de marzo no centro de Gondomar.

Trátase dunha feira de carácter multisectorial que se celebra coa finalidade de promocionar os comercios da comarca, reforzar o contacto cos clientes habituais, xerar outros novos, así como liquidar stocks dos establecementos. A feira contará ademais con animación infantil, así como música ambiental entre outras cousas.

Os interesados en participar deben cubrir a ficha de inscrición e enviala ao correo da Asociación (asociacion@ovalmi.com) o máis axiña posible. Cada establecemento non asociado a OVALMI que desexe participar na feira abonará o importe de 100 euros. Os socios de OVALMI abonarán unha cota de 40 €.

“Portobelo” promocionarase mediante cartelería, cuñas de radio, así como en redes sociais.