Anuncios
Ticker de novas

A Secretaría Xeral para o Deporte renova o seu apoio á Escola de Vela Adaptada do Monte Real

FOTO: ROSANA CALVO // Daniel Benavides, José Luis Álvarez, Marta Míguez e Óscar Calero no Monte Real.

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia continuará apoiando á Escola de Vela Adaptada para persoas con discapacidade do Monte Real Club de Yates, tal e como anunciou a responsable do departamento, Marta Míguez, tras reunirse co presidente do club baionés, José Luis Álvarez.

Acompañada polo xefe de servizo provincial de Deportes, Daniel Benavides, Míguez achegouse hoxe ata Baiona para comprobar a evolución dunha escola creada fai case seis anos co obxectivo de achegar o mar a persoas con discapacidade e permitirlles navegar en igualdade de condicións. A máxima responsable do Deporte a nivel autonómico recoñeceu o esforzo do Monte Real para manter a actividade da escola ao longo de todo o ano e comprometeu o apoio do seu departamento durante este 2018 para que poida seguir avanzando.

Desde a súa creación, no ano 2012, a Escola de Vela Adaptada do club baionés non deixou de crecer, ampliando tanto o seu programa de actividades como o número de usuarios. Nela navegan persoas con discapacidades físicas, psíquicas e sensoriais de asociacións como o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela, o Centro Juan María de Nigrán, a Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo (ASPAVI), a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM GALICIA) ou a Asociación de Familias con Persoas con Parálise Cerebral (APAMP).

Clases teóricas, bautismos de mar, rutas ambientais, sesións de navegación e outras actividades relacionadas co mundo náutico son algunhas das propostas nas que o ano pasado participaron preto de 100 persoas.

A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE RENOVA O SEU APOIO Á ESCOLA DE VELA ADAPTADA DO MONTE REAL

FOTO: ROSANA CALVO // Un momento da reunión mantida este mediodía en Baiona.

Anuncios