Anuncios
Ticker de novas

O Val Miñor súmase ao paro internacional do vindeiro 8 de marzo

En rede e coordinadas Vigo, o Val Miñor e o Baixo Miño. Baixo un aplicativo común de colaboración, descentralización e autoxestión van sumar a súa forza e rebeldía a este gran paro. De norte a sur as actividades e a organización para o 8M xa están en marcha (asembleas, obradoiros, encontros…).

Dende a Casa Colorida en Nigrán queren sumar accións ao paro do próximo 8 de marzo. Para iso queren sumar a todas, fagan o que fagan. Activistas, Amas de Casa, Comunicadoras, Coidadoras, Colectivos, Fotógrafas, Artistas, Asociacións, Limpadoras, Xestoras, Dependentas, Veciñas, Redactoras, Mariscadoras, Actrices, Comunidades, Bailarinas, Paisanas… Persoas e colectividades con ideas e ganas de compartir que queiran sumarse á autoxestión dos eventos, que terán lugar entre o 5 e o 8 de marzo, en Vigo, no Val Miñor, e no Baixo Miño.

Dende a Casa colorida chaman a xuntarse o vindeiro 8 de febreiro, no CSA Casa Colorida, para un primeiro encontro de coordinación das actividades, asembleas e encontros que desenvolveranse na contorna do Val Miñor.

As interesadas en coñecer máis, practicar, ou somerxerse nas ferramentas de autoxestión e organización cultural colaborativa, esta é a súa ocasión de arrumar as súas forzas e vontades. Xuntas argallan o paro e a xuntanza para a semana do 8M.

Poden escribir ao enderezo electrónico ola@casacolorida.net para inscribirse nas xornadas de autoxestión do paro internacional no Val Miñor.

Ademais, no seguinte enlace atoparán un documento Ethercalc, onde poden inscribir as súas propostas de actividades. (encontros, palestras, performance, obras escénicas, obradoiros…etc e o que lle preste compartir.) Neste documento poderán inscribirse nos diferentes espazos que en rede están facendo parte do paro internacional do 8M.

Anuncios