O Entroido chega a Gondomar en moto

FOTO: REBECA ÁLVAREZ // IV Moto Carnaval A Cento Cien.

O Moto Club A Cento Cien celebrou este domingo a cuarta edición do Moto Carnaval, organizado coa colaboración da Concellería de Cultura Gondomar, dentro das actividades programadas no municipio con motivo do Entroido.

Decenas de moteiros e moteiras cos seus mellores disfraces concentráronse na Praza do Concello para logo facer unha ruta polo Val Miñor. Despois de percorrer as rúas do centro urbano de Gondomar partiron cara a Ramallosa, Nigrán, Panxón e Praia América para logo dirixirse a Baiona e regresar por Sabarís e A Ramallosa de novo, para finalizar no Restaurante Soleiro de Mañufe, onde os participantes puideron gozar dunha merenda.

Para pechar a xornada entregáronse os premios aos tres mellores disfraces e ás tres motos máis orixinais. Na primeira categoría os gañadores foron “Os Dragóns”, seguidos de “A Familia Bros” e “Carapuchiña Vermella e o Lobo” en segunda e terceira posición. A moto máis orixinal foi a de “Batman”, seguida de “Os Chuchos” e “Os Mexicanos”. O gañador protagonizará o cartel do evento do próximo ano.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.