O Coro Xuvenil e o Conxunto Instrumental do CPI Cova Terreña de Baiona triunfan nas redes cunha versión de “Camina”. Igual que “Mi música es tu voz” converteuse nun himno para todos os fans de Operación Triunfo, esta nova canción composta polos participantes do programa de Televisión Española coa colaboración de Manu Guix pretende selo tamén nesta nova edición.
A gravación, que se corresponde a un ensaio do tema para o Día da Paz, que se celebrou este martes no centro, foi publicada o 27 de xaneiro en Twitter por David Piñeiro, director de ambos os dous grupos, coa idea de compartilo cos “triunfitos”, sobre todo Roi e Cepeda, etiquetando aos concursantes na mensaxe.
O vídeo, tras ser compartido polos dous galegos, suma case 50.000 reproducións nunha semana.
O Coro e Conxunto Instrumental do CPI Cova Terreña está composto por uns 70 mozos e mozas, alumnos de ESO. Desde que se creou hai case 15 anos gravaron ademais un total de seis discos, cada un deles dedicado a un tipo de música concreta. Un con cancións dos 80, outro con temas do pop español da movida, un dedicado aos Beatles… e o último, de 2016, composto con coñecidos temas de películas Disney.
Hola @Roi_ot2017 @Cepeda_ot2017 somos el coro Juvenil del CPI covaterreña, en Baiona, estamos ensayando vuestro temazo para el día de la Paz. Esperamos que os guste pic.twitter.com/QWxTqkToYn
— davidpiñeiro (@davidpieiro8) 27 de enero de 2018

