Anuncios
Ticker de novas

Rescatan ao condutor dun vehículo que caeu nunha zona de difícil acceso en Nigrán

Un vehículo saíuse da vía en Nigrán e caeu por un desnivel deixando ao único ocupante nunha situación complexa para a súa evacuación. O accidente produciuse pouco despois da medianoite no lugar de Telleiras e ata alí se desprazaron os efectivos do GES do Val Miñor, alertados polo persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia.

Segundo explicaron os servizos de emerxencias, o coche caeu por un desnivel dun metro de profundidade e quedou virado de lateral, de forma que dificultada a saída do condutor. Así, procederon a estabilizar o vehículo e facilitaron aos servizos sanitarios a atención do ferido, unha vez fóra do turismo.

Anuncios