Obradoiros de teatro para maiores de 60 anos no Centro de Saúde “A Xunqueira”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Centro de Saúde do Val Miñor.

O Centro de Día Mancomunado do Val Miñor, pertencente á rede de centros de maiores da Xunta de Galicia, organiza obradoiros de teatro para maiores de 60 anos no marco do programa de envellecemento activo “O teu é puro teatro”. Comezando o día 7 de febreiro, e ata o 20 de xuño, impartirase no Centro de Saúde “A Xunqueira”, todos os mércores, de 18:45 a 20:00 horas. As prazas son limitadas e a inscrición é gratuíta. Período de inscrición ata o 5 de febreiro, chamando ao teléfono 986 358 455.