Sin categoría

Gran actuación do Club de Xadrez Laroca nos campionatos provinciais

Este pasado fin de semana celebráronse en Vilagarcía os campionatos provinciais de xadrez, onde o Laroca de Nigrán tivo representación nas categorías sub 10 con David González, que rematou no posto 32 con tres puntos, na categoría sub 12 con Marcos Rego, rematando no posto 24 con catro puntos, Diego Martín no posto 35 con tres puntos e Marcos González no posto 39 con tres puntos; na categoría sub 14 o laroqueiro Mauro Sanromán rematou no sétimo posto con 4 puntos; en sub 16 os representantes foron Artai Bringas que con 4 puntos rematou no cuarto posto, Ana Fernández rematou no posto 12 con 3.5 puntos e segunda feminina, e Laura González no posto 17 con 3 puntos e terceira muller.

Na categoría absoluta Mireya Represa acadou o primeiro posto en feminino e sexto da xeral con 4.5 puntos, Francisco Rego rematou octavo posto tamén con 4.5 puntos, destacando as táboas conqueridas na segunda rolda ante o gran mestre Khamrakulov, Ibragim S. que a posteriori proclamouse campión do torneo con 5.5 puntos, Constantino González rematou no posto 15 con 4 puntos, Patricio Salgado rematou no posto 17 con 3.5 puntos, Jorge Carneiro con 3 puntos rematou no posto 31, Carlos Groba no posto 35 con 2.5 puntos e Juan Represa no posto 54 con 1 punto.

O próximo sábado comezará a Liga 2018 onde os representantes na primeira división desprazaranse a Vigo para enfrontarse aos recentemente ascendidos de Mosefesa & Wailes, na segunda e terceira división haberá duelos directos na sede de Mallón entre o Laroca B contra o Laroca C, e entre o IES Auga da Laxe contra o Mallón Laroca.

GRAN ACTUACIÓN DO CLUB DE XADREZ LAROCA NOS CAMPIONATOS PROVINCIAIS