Celso Comesaña e Cristina Torres impóñense no I Dúatlon Popular de Nigrán

O Club Tríatlon Mar de Vigo organizou este domingo o I Dúatlon Popular de Nigrán en Porto do Molle. Os máis de 160 atletas rexistrados tiveron que completar unha distancia sprint de 5 quilómetros de carreira a pé (2 voltas), 20 quilómetros en bicicleta (4 voltas) e outros 2,5 quilómetros de carreira a pé (1 volta). Participaron as categorías absoluta, cadete, júnior, sub-23 e veterano 1, 2 e 3.

Celso Comesaña Pereira impúxose na categoría absoluta masculina. O atleta do Club Atletismo Porriño completou a proba en 1:02:33. Nove segundos despois cruzaba a meta Ricardo León Viñas, de Artrogal-Tri 498, e pechando o podio, o seu compañeiro de equipo Carlos Juanatey García, cun tempo de 1:02:57.

Na categoría absoluta feminina, a vitoria foi para Cristina Torres Herves, do Club Tríatlon Mar de Vigo, cun tempo de 1:14:48. A segunda atleta en cruzar a meta foi Silvia García Lorenzo, de Artrogal-Tri 498, 21 segundos despois. Uxía Fernández García, do Tríatlon Motobike Poio Galaico, ocupou o terceiro caixón do podio cun tempo de 1:15:14.

RESULTADOS I DÚATLON POPULAR DE NIGRÁN MASCULINO

RESULTADOS I DÚATLON POPULAR DE NIGRÁN FEMININA

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios