Inscricións abertas para un novo “rastrexo” en Couso

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Casa Veciñal de Couso.

A Comunidade de Montes de Couso, a Comisión de Festas de San Cristovo e o grupo Os Avispados organizan o próximo 10 de marzo un novo “rastrexo”, con saída desde a Casa Veciñal de Couso.

A actividade está limitada a 50 grupos de 5 a 12 persoas. As inscricións, cun custo de 5 euros por participante, poden realizarse a partir do 20 de xaneiro no correo electrónico rastrexocouso@gmail.com, indicando o nome do grupo, número de compoñentes e teléfono de contacto.

Máis información na páxina de Facebook Rastrexo Couso ou no teléfono 689 722 883.