A Comisión de Festas de San Roque e a Virxe do Libramento de Morgadáns, en Gondomar, organiza a celebración da festividade de San Sebastián, que terá lugar este sábado 20 de xaneiro. Ás 12:30 comezará a Misa Solemne na Capela de San Roque, con posterior procesión acompañada por un grupo de gaitas. Ás 14:30 horas, todos aqueles que se inscribiron previamente, desfrutarán dunha comida con empanada, carne ao caldeiro, viño branco e tinto, refrescos, auga e café.
Morgadáns celebra a festividade de San Sebastián

