Este fin de semana, dobre cita coa III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Grupo xuvenil de teatro municipal Pritis-Guomis.

Continuando coa programación da III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia, este fin de semana terán lugar dúas representacións no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar. O sábado 20 de xaneiro ás 20:30 horas, A Xesta Vermella ofrecerá a obra “Pola culpa de Gayoso”, e o domingo 21 ás 18:00 horas, Pritis-Guomis de Gondomar representará “Pataclown”.

Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar, ten como obxectivo fomentar e coordinar actividades dirixidas a potenciar tanto a creatividade teatral como a representación.