Sin categoría

OVALMI e o Concello de Gondomar convocan aos hostaleiros a unha reunión

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e a Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar, convocan para este xoves, día 18 de xaneiro, ás 17:30 horas, unha reunión no Centro Neutral de Gondomar. Esta convocatoria está dirixida á hostalería do municipio.

Desde OVALMI rogan a máxima asistencia, xa que consideran de vital importancia ter diferentes puntos de vista e coñecer a opinión dos negocios de Gondomar sobre os temas para tratar e, así poder desenvolver as ideas que poidan xurdir na devandita reunión. Falarase sobre rutas de tapas, cantos de taberna ou como afectará o proxecto de Porto Cabral ao comercio local.