Castro e Ladeira organiza senllos cursos de expresión escrita e expresión en público

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza un curso de expresión escrita e outro de expresión en público, que se desenvolverán os mércores de 17:30 a 19:30 horas cun prezo de 22 ao mes cada un. No curso de expresión escrita mostrarase o proceso de escritura (planificar, elaborar e corrixir), o lugar do escritor e do lector, problemas de redacción (a elección de palabras), uso de muletillas, comodíns e lugares comúns, imprecisións e redundancias, uso de maiúsculas e minúsculas e dúbidas ortográficas frecuentes. No curso de expresión en público os asistentes coñecerán a súa propia capacidade de comunicación, como sacar partido á súa propia imaxe, prepararse para falar en público, estruturar claramente a intervención e utilización de técnicas de presentación. Máis información no teléfono 659 32 57 68.

Anuncios