Sin categoría

Charla sobre a prevención do cancro de mama en Camos

O Centro Cultural “A Camoesa” de Camos (Rúa dos Pazos, 121) acollerá o vindeiro mércores 24 de xaneiro unha charla sobre prevención do cancro de mama. Será a partir das 16:30 horas organizada por ADICAM (Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama) coa colaboración da Asociación de Veciños “A Camoesa”. “Apálpate!. A detección precoz está nas túas mans. Grazas á autoexploración sálvanse moitas vidas. Explórate a tempo!”.