Festas de San Sebastián do Portelo en Mañufe

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de San Sebastián do Portelo en Mañufe.

O barrio do Portelo, na parroquia gondomareña de Mañufe, celebra este fin de semana as festas na honra de San Sebastián. O venres 19 de xaneiro a verbena estará amenizada pola orquestra Saudade e o Trío Azar. O sábado 20 ás 12:30 do mediodía comezará a Misa Solemne seguida de procesión acompañada polo grupo de gaitas Os Romanteleiros. Ás 16:00 horas haberá inchables e animadores para os máis pequenos e ás 17:00 horas terán lugar as tradicionais “poxas”. A orquestra Compostela e o grupo Nievla amenizarán a verbena fin de festa, con chocolatada para todos os asistentes. O recinto estará cuberto cunha carpa.

Anuncios