Castro e Ladeira organiza unha excursión a Porto e Aveiro con cruceiro e visita a adega

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza unha excursión a Porto e Aveiro o próximo 17 de febreiro. O prezo para participar é de 59 euros para os socios e de 62 euros para os non socios, incluíndo autobús, cruceiro e visita a adega en Porto, comida, auga e viño, tren turístico en Aveiro e seguro de viaxe. Máis información e reservas nos teléfonos 678 586 869 (Emilio), 653 793 844 (Isabel) ou 986 194 525 (Asociación).

Saída á primeira hora. Unha vez en Porto os asistentes embarcarán para realizar un cruceiro polo Douro e ao terminar visitarán unha adega con degustación incluída. Á hora prevista comida en restaurante e pola tarde visita a Aveiro (a Venecia de Portugal), onde se subirán no tren turístico para coñecer a cidade.

Anuncios