Toda unha xoia da navegación atópase amarrada no Monte Real Club de Yates de Baiona. Trátase do súper trimarán do Team Reauté Chocolat, de Armel Tripon e Vincent Barnaud, equipo francés que quedou terceiro na última edición da Transat Jacques Vabre (que gañou o español Alex Pella).
Tras regresar de Salvador de Baía (onde finalizou a proba), retomaron os adestramentos en Las Palmas de Gran Canaria (onde as condicións son boas no inverno) e agora, de regreso a Francia, fixeron unha parada no club baionés.


