Anuncios
Ticker de novas

Gondomar crea “A Escola Municipal de Teatro”

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Grupo xuvenil de teatro municipal Pritis-Guomis.

O alcalde, Paco Ferreira, e a Concelleira de Cultura, Nuria Lameiro, poñen en marcha en Gondomar “A Escola Municipal de Teatro”. A iniciativa formaba parte do programa electoral dos socialistas, que consideraban a mesma como unha necesidade imperiosa para os gondomareños, debido á gran afección polo teatro e en xeral polas artes escénicas.

A afección polo teatro é un feito desde fai tres anos que comezou a “III Mostra de Teatro Afeccionado do Val Miñor e Oia”, e que arranca este domingo un ano máis no Auditorio Municipal Lois Tobio coa participación de grupos de teatro das as parroquias de Chaín, Borreiros, Morgadáns, Viladesuso (Oia) e o grupo xuvenil de teatro municipal Pritis-Guomis, baixo a dirección de Lola Correa, profesora de interpretación e dramatuga.

“É o momento, despois de comprobar e valorar a gran afección polo teatro e as artes escénicas existentes no Val Miñor e Baixo Miño, que este goberno siga apostando firmemente pola cultura dunha maneira decidida e sen complexos, creando unha escola municipal”, afirma o alcalde, Paco Ferreira.

“O teatro non só é cultura, senón unha maneira de entreterse, de comunicarse e de empatizar, de xerar confianza nun mesmo e de axudar a crear técnicas de expresión corporal, axuda a ser máis creativo, ademais de ser unha maneira de facer exercicio físico e de mellorar a memoria, entre outros moitos beneficios”, destaca o rexedor.

“Actualmente Gondomar xa conta cun grupo teatral composto por 12 mozas menores de 30 anos, que a Concellería de Xuventude financia na súa totalidade e que representarán “Pataclown”, o día 21 no Auditorio Municipal Lois Tobío”, concluíu Ferreira.

Anuncios