Anuncios
Ticker de novas

O primeiro equipo do Baíña enfróntase ao Vigo 2015

Este domingo ás 16:15 horas, o primeiro equipo do Baíña FS de Liga Preferente enfróntase ao Vigo 2015, segundo clasificado. O equipo baionés, a pesar de ser un recentemente ascendido, está a callar unha gran campaña e demostrando un bo xogo e moitos goles cun grupo composto case na súa totalidade por xogadores formados no club.

O equipo dirixido por Santi Rodríguez afronta o partido sen baixas e coa ilusión de vencer a un dos mellores equipos da liga como é o Vigo FS. Ademais, no descanso do partido farase un concurso de tiro “Coidado co Xabarín” con todos os nenos e nenas que se acheguen ao Pavillón Municipal. Haberá caramelos para todos os participantes e premios para aqueles con mellor puntería.

Anuncios