Anuncios
Ticker de novas

A Comisión de Festas de San Roque organiza unha comida por San Sebastián

A Comisión de Festas de San Roque e a Virxe do Libramento de Morgadáns, en Gondomar, organiza a celebración da festividade de San Sebastián, que terá lugar o vindeiro sábado 20 de xaneiro. Ás 12:30 comezará a Misa Solemne na Capela de San Roque, con posterior procesión acompañada por un grupo de gaitas. Ás 14:30 horas haberá unha comida, que incluirá empanada, carne ao caldeiro, viño branco e tinto, refrescos, auga e café. O prezo é de 15 euros para os adultos e de 7,50 para os menores de 13 anos. Os interesados poden anotarse ata o xoves 18 de xaneiro no Bar da Comisión ou chamando ao teléfono 674 361 114.

Anuncios