Anuncios
Ticker de novas

Nigrán forma a 15 persoas da comarca en atención sociosanitaria a persoas dependentes

O Concello de Nigrán forma dende o mes de outubro a 15 persoas da comarca en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. O curso, que se desenvolve no Centro Antena sen custe algún para o interesado, consta de 450 horas das que 80 se corresponden a prácticas profesionais non laborais. A piques de iniciar estas prácticas, usuarios do Centro Juan María de Parada expuxeron esta mañá aos alumnos a metodoloxía empregada no seu centro nunha xornada á que acudiu o alcalde, Juan González, e o edil de Sanidade, Alfonso Vázquez.

No curso, que remata o 16 de marzo, a selección do alumado correu a cargo da oficina do INEM de Baiona sendo unha titulación necesaria para traballar como coidador de discapacitados físicos, psíquicos, ou sensoriais; coidador de persoas dependentes en institucións ou xerocultor. O obxectivo xeral do mesmo é a atención de persoas dependentes no eido sociosanitario aplicando as estratexias deseñadas polo equipo do centro en cuestión.

“É un curso que ten moita demanda e que dende o goberno local consideramos prioritario porque dá resposta ás necesidades básicas das persoas con máis dificultades. Moitas empresas de prestación de servizos sociais da comarca demandan persoal formado, sendo imprescindible a realización deste curso que ofrecemos de maneira gratuíta”, resume o alcalde, Juan González.

Anuncios