Segunda conferencia de Roberto Relova no Conservatorio de Gondomar

Mañá mércores 10 de abril, o Conservatorio Municipal de Gondomar ofrece a segunda conferencia do Ciclo: “La (de)contrución dos grandes personaxes femininos dende a música, o mito e a historia”. Nesta ocasión o doutor en Etnomusicoloxía Roberto Relova falará sobre o mito das personaxes femininas na ópera romántica: “Mulleres e Heroicas”. A conferencia se celebrará ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. Entrada de balde para todos os públicos.

Anuncios