Baiona culmina os labores de mellora no camiño Chans das Pedriñas

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Camiño Chans das Pedriñas en Baíña.

O Concello de Baiona finalizou recentemente a mellora e acondicionamento do camiño Chans das Pedriñas, na parroquia de Baíña.

A obra deste camiño é unha actuación promovida e executada polo propio consistorio, e que atende ás peticións realizadas tanto polos veciños como polos propietarios de leiras lindeiras ao camiño, que demandaban a mellora desta vía veciñal e de acceso que se fora deteriorando de maneira importante co paso do tempo.

A actuación consistiu na limpeza das cunetas e o acondicionamento total de 90 metros de lonxitude, cun ancho de 4 metros, e finalmente delimitando lateralmente o mesmo, cun importe que oscila os 4.000 euros.

A execución desta obra permitirá aos veciños da zona unha mellor accesibilidade peonil e dos vehículos ás súas vivendas. Esta obra forma parte das intervencións de mellora en camiños municipais, que se está realizando desde o Departamento de Vías e Obras.