Os Reis Magos non faltan á súa cita cos máis pequenos de Nigrán

FOTO: FABIO ALONSO // Cabalgata de Reis en Nigrán.

Os Reis Magos de Oriente foron recibidos este venres no Pavillón Municipal de Nigrán despois de desfilar por A Ramallosa, Lourido e Panxón. 20 motos do club “Vespa Miñor” cos seus paxes reais e 20 vehículos de “Clásicos Miñor” anunciaron a chegada das carrozas reais, elaboradas por La Fiesta Escénica.

As Súas Maxestades saíron da rúa Romana Alta para percorrer as rúas Damas Apostólicas, Romana Baixa, Camiño da Cabreira e Manuel Lemos e concluír no Centro da Terceira Idade na Alameda de San Campio. Posteriormente, desfilaron por Torrente Ballester, Vista ao Mar e Praia América, para unha vez nas pistas de tenis de Panxón facer un percorrido por Jesús Espinosa, Mariñeiro e Paseo Marítimo.

No seu desfile polas rúas de Nigrán estiveron acompañados pola Rondalla Santiago de Parada e a animación de La Fiesta Escénica, que ofreceu ademais un espectáculo no Pavillón de Deportes, onde o alcalde, Juan González, entregoulles a chave mestra coa que poderán entrar esta noite a todas as casas do municipio, e os nenos e nenas tiveron a oportunidade de falar directamente con Melchor, Gaspar e Baltasar para transmitirlles os seus desexos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.