Anuncios
Ticker de novas

O Vincios pecha o ano cunha nova vitoria

FOTO: AD VINCIOS // Moisés Álvarez.

A AD Vincios rematou o ano cunha nova vitoria no seu desprazamento a Valencia, ao derrotar na última xornada de liga ao CTT Mediterráneo por 4-1. O partido púxose de fronte desde o inicio coa Vitoria de Moisés Álvarez sobre José Barroso por 3-1. No segundo partido o xogador valenciano Libre Sancho igualou a contenda ao vencer a Martín Pintos por 3-0. A partir dese momento todo foron vitorias para o AD Vincios, de Pryshchepa sobre o xogador chinés Jing Jing Liu por 3-0, de Moisés sobre Libre por 3-1 e de Pryshchepa sobre Barroso por 3-0, co que finalizou o partido por 4-1. Con esta vitoria a AD Vincios pecha o seu bo arranque ligueiro ao rematar o 2017 cunha meritoria cuarta posición na clasificación da máxima categoría do tenis de mesa español.

Anuncios