A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que dará comezo mañá no litoral da Coruña e Pontevedra

FOTO: PEPE COSTAS // Ondada na Concheira.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que afectará o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir desta mañá esperase mar combinada do oeste con ondas entre 5 e 6 metros, que se iniciará ás primeiras horas da tarde na costa da Coruña e Pontevedra.

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.