O encoro de Baíña recupérase ata o 60,28% da súa ocupación total

FOTO: SANTY DOMÍNGUEZ // Estado do encoro de Baíña.

Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 51,96 por cento da súa capacidade total. Concretamente, os de abastecemento, ao 66,74 por cento, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 50,46 por cento. Así se recolle no último boletín hidrolóxico no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa, recollidos a 1 de xaneiro, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume total de encorado de 358,62 Hm3, dos 690,15 (volume total).

As presas abastecemento de Caldas de Reis, Zamáns e Vilagarcía presentan porcentaxes por debaixo da media, 42,15%, 49,58% e 42,70% respectivamente, sendo Pontillón de Castro o que presenta a maior porcentaxe de volume encorado, un 98,03%, seguido dos encoros de Eiras, cun 80,77%, Forcadas, cun 73,93%, e Baiona, que pasou do 24,58% rexistrado o pasado 4 de decembro ao 60,28% actual.

No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o encoro de Touro é o que presenta o maior porcentaxe de ocupación, cun 94,71 por cento. Comparando a situación actual cos niveis que se rexistraban o pasado ano, o volume dos encoros sitúase un 3,83 por cento por encima, xa que o 2 de xaneiro de 2017 estaban ao 46,63 por cento, fronte ao 50,46 por cento actual.

Anuncios