Inchables, obradoiros e visita do Paxe Real en Baiona

FOTO: PEPE COSTAS // Paxe Real en Baiona.

O Concello de Baiona organiza este mércores 3 de xaneiro actividades para os máis pequenos no Pavillón Municipal de Deportes, no marco do programa cultural Bai Nadal 2017. Desde as 15:30 ata as 19:30 horas haberá inchables e obradoiros infantís, coa visita do Paxe Real, que recollerá persoalmente todas as cartas dos nenos e nenas para entregarllas aos Reis Magos.

Anuncios