Quedan poucas horas para despedir o 2017 e para recibir o 2018 organízanse festas en diferentes parroquias dos municipios da comarca do Val Miñor.
No local da Asociación Cultural As Angustias, a festa comezará a partir da 1:00. Haberá baile e chocolate con churros.
Tamén a partir da 1:00 comezará a celebración no Centro Cultural “A Merced” de Chaín, con karaoke, e para rematar a noite, chocolate con churros.
A Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios recibirá o 2018 no Centro Cultural da parroquia con karaoke e a música dos DJ’s Tony e Yogüi, finalizando a noite cunha chocolatada. Será a partir da 1:30 da madrugada con entrada gratuíta.

