A Deputación aproba subvencións por máis de 450.000 € para actividades deportivas

FOTO: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA // Xunta de Goberno.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión por concorrencia competitiva das subvencións dirixidas ás asociacións e clubs deportivos da provincia de Pontevedra sen ánimo de lucro para as actividades deportivas do ano 2017. O investimento do goberno para estas axudas foi de 450.000€, o que supón un 90% máis que no 2015.

Neste 2017 beneficiáronse destas axudas ata 196 entidades, 20 máis que o ano pasado, de 44 concellos diferentes. Concretamente foron subvencionados con este programa da Deputación de Pontevedra entidades deportivas de Baiona (4), Barro (1), Caldas de Reis (1), Cambados (3), Campo Lameiro (1), Cangas (7), Catoira (1), A Coruña (2), A Estrada (10), Fornelo de Montes (1), Gondomar (5), O Grove (10), A Guarda (2), A Illa de Arousa (3), Lalín (3), Marín (8), Meis (2), Moaña (5), Mondariz (2), Moraña (1), Mos (2), As Neves (2), Nigrán (8), Oia (1), Poio (3), Ponteareas (6), Pontecesures (1), Pontevedra (22), O Porriño (2), Portas (2), Redondela (9), Ribadumia (3), O Rosal (1), Salceda de Caselas (1), Salvaterra do Miño (1), Sanxenxo (5), Silleda (1), Tomiño (1), Tui (8), Valga (1), Vigo (29), Vila de Cruces (1), Vilaboa (3), Vilagarcía de Arousa (8) e Vilanova de Arousa (2). No caso da Coruña, trátase de tres subvencións concedidas directamente a tres federacións con sede social nesta vila pero que contan con sedes na provincia de Pontevedra.

Para a concesión das subvencións tivéronse en conta os seguintes criterios: número de deportistas ou equipos participantes, ámbito territorial, número de xornadas, antigüidade e consolidación do evento, inclusión no calendario oficial de competicións, presuposto de gastos e ingresos do evento e achega económica da propia entidade á financiación do evento.

Anuncios