Sin categoría

A Coral Novos Aires de Nigrán pecha o Programa Cultural de Nadal da Archicofradía de Santa Cristina

Este sábado 30 de decembro finaliza o Programa Cultural de Nadal organizado pola Archicofradía de Santa Cristina da Ramallosa, composto por un total de 6 concertos con temática sacra e de Nadal, que tiveron lugar na Igrexa Parroquial de Santa Cristina da Ramallosa, todos os sábados e un domingo, ás 20:00 horas.

Tras as actuacións da Coral Polifónica “Baiona A Real”, a Coral “Enteza” de Salceda de Caselas, a Coral “San Lourenzo” de Belesar, a Coral “Mistura Vocal” de Vigo, e o Obradoiro Vocal “A Vila” de Ponteareas, pecha o ciclo a Coral Novos Aires de Nigrán.

Colaboraron na organización desta actividade a Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona.