A ANPA Alborés do CEIP Humberto Juanes de Nigrán organiza este venres 21 de abril unha nova charla da súa Escola de Pais. Nesta ocasión tratará da ciberseguridade, como establecer na familia unha contorna segura en relación a internet e o teléfono móbil. Un experto en delitos telemáticos falará sobre a identidade dixital e a identidade real, a intimidade (acosos escolar, sexting e acoso sexual), as principais aplicacións que utilizan os menores e os seus riscos e consellos para a utilización dos diferentes dispositivos. A charla comezará ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán.
Charla sobre ciberseguridade no Auditorio de Nigrán

