A Comunidade de Montes de Camos celebra este sábado 30 de decembro de 17:00 a 19:00 horas eleccións á Presidencia e Xunta Directiva. O lugar de votacións será o Centro Cultural de Camos e unha vez rematadas as mesmas, ás 19:00 horas, levarase a cabo a Asemblea Xeral na que ratificaranse os cargos elixidos. Dende a Comunidade de Montes de Camos invitan a todos/as os/as Comuneiros/as a participar neste proceso tan importante para a parroquia.
A Comunidade de Montes de Camos celebra este sábado eleccións á Presidencia e Xunta Directiva

