A X Ruta Motera de Papanoeles reuniu preto de 1.600 quilos de alimentos

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Un dos participantes entregando comida.

O pasado domingo 17 de decembro celebrouse a X Ruta Motera de Papanoeles, organizada pola Peña Motera “Os Rillasepas” xunto coa Concellería de Cultura de Gondomar e a colaboración dos Concellos de Baiona e Nigrán e a Deputación de Pontevedra.

Trátase ademais dunha ruta solidaria, xa que se recollen alimentos non perecedoiros no punto de quedada, que serán repartidos polo Concello de Gondomar a través da Concellería de Servizos Sociais, entre as familias máis necesitadas do municipio. Nesta edición alcanzouse un novo record con preto de 1.600 quilos de comida.

Desde a Peña Motera “Os Rillasepas” agradecen aos máis de 2.000 moteiros que asistiron ao décimo aniversario da Ruta de Papanoeles, e a todos os que colaboran con este evento ano tras ano, en especial aos amigos de Cristaleiro, e a todos os Concellos do Val Miñor, incluíndo Policía Local, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil. Destacan tamén o agradecemento a todos os que colaboraron coa doazón de alimentos.

Despois de concentrarse na Praza de San Bieito, en Gondomar, os máis de 2.000 moteiros ataviados de Papa Noel comezaron a ruta polos municipios do Val Miñor, pasando por Nigrán, Patos, Panxón, Praia América, A Ramallosa, Sabarís e Baiona, repartindo ao seu paso caramelos para os máis pequenos. Ao seu regreso a Gondomar, os participantes puideron gozar dun chocolate con rosquillas no Cristaleiro.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios