O CEE de Panxón organizou unha xornada de convivencia de alumnos, nais e pais dos tres centros que comparten o comedor escolar: Escola Infantil As Dunas, C.P.I. de Panxón e o propio Centro de Educación Especial.
Baixo a dirección do profesor de cociña do CEE Álvaro Rey, os alumnos, as nais e pais dos centros elaboraron unha “Sabanduxa” de mazapán de oito metros de lonxitude que se degustou como postre o día 21 de decembro na comida de Nadal.
Esta actividade forma parte da programación do comedor escolar para este curso 2017/18.


