Papa Noel visita Nigrán e Gondomar

A Asociación de Comerciantes e Empresarios do Val Miñor (Ovalmi) leva a Papa Noel a Nigrán e Gondomar. O venres estará na Praza Rosalía de Castro de Nigrán desde as 16:00 ata as 19:00 horas, e o sábado percorrerá as rúas de Gondomar desde as 11:00 ata as 14:00 horas. Os máis pequenos poderán entregarlle persoalmente a súa carta e recibir a cambio caramelos.