Anuncios
Ticker de novas

O surafricano Ivan Venter asinou o seu primeiro podio no calendario español

FOTO: CLUB CICLISTA RÍAS BAIXAS

A última incorporación do Club Ciclista Rías Baixas xa lle deu a súa primeira alegría ao proxecto presidido por José Luis Chamorro. Ivan Venter logrou o pasado fin de semana a terceira posición no Gran Premio V Centenario, celebrado na localidade valisoletana de Mojadas. Foi o primeiro podio do corredor surafricano no calendario español Elite e Sub23.

Esta carreira disputada sobre 120 quilómetros decidiuse na subida a Portillo. Alí Venter marchouse en compañía doutros dous ciclistas cos que se xogou a vitoria ao sprint. O representante da formación miñorana foi superado polo gañador Jonathan Villaviçenc (Bicicletas Esteve) e por Juanjo Agüero (Aldro Team).

O surafricano uniuse á disciplina do Club Ciclista Rías Baixas unha vez iniciada a tempada e estase mostrando como un corredor moi combativo. Aos seus 20 anos, no seu palmarés destacan triunfos como o Campionato Africano de Contrarreloxo Júnior en 2013 e nesa mesma categoría a medalla de ouro obtida un ano máis tarde na competición en ruta dos Xogos Olímpicos da Xuventude disputados en China.

Anuncios