Microactivismo Poético dende os montes queimados do Val Miñor

Afectadas e impactadas polos incendios que arrasaron Galicia un grupo de veciños e veciñas do Val Miñor buscan a Rosalía para expresar a súa dor. Xuntáronse no monte queimado e deixaron ir este berro de rabia e tamén de esperanza. O poema elixido foi “Adiós Ríos, Adiós Fontes”, adaptado por Avelino González e con música de Rubén Artabe. O video foi gravado e editado por Alga Photography e a mediaLab Casa Colorida.

Participaron Avelino González, Laura Grela, Yuliya Pavlovska, Patricia Torres, Merche Pérez, Mónica Sueiro, Gabriel Reigosa, Nico Fernández, Julia De La Cal e Miguel Maciel.

Non podemos permitir que seres malvados continúen xestionando a terra e o mar con fins lucrativos. Debemos dar a cara e dar voz ás nosas ideas e ó noso amor, debemos construír entre todas un bosque vivo, limpo e con especies autóctonas, debemos valorar o único e verdadeiro tesouro que non é outro que a natureza que nos rodea.

Lumes nunca máis!

Anuncios