Actividades infantís e Papa Noel en Sabarís e Concerto do Coro de Homes en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Coro de Homes "Voces Baionesas".

Este venres 22 de decembro continúa a programación cultural Bai Nadal 2017 con actividades en Sabarís e Baiona. Ás 17:00 horas comezará o espectáculo “A xogar cos Trasnos do Nadal” na Praza Victoria Cadaval de Sabarís, coa presenza de Papa Noel desde as 18:00 ata as 20:00 horas. No Auditorio V Centenario de Baiona, o Coro de Homes “Voces Baionesas” ofrecerá o seu Concerto de Nadal ás 20:00 horas.

Anuncios