Recollida de alimentos no Centro Cultural de Mañufe

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe organiza unha recollida de alimentos non perecedoiros para a xente máis necesitada de Gondomar. Ata o 25 de decembro recolleranse legumes, aceite, conservas… Todos aqueles que queiran colaborar poden depositar os alimentos no Centro Cultural de Mañufe.