
A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís denuncia nun comunicado que o 28 de novembro de 2016 solicitou a limpeza das cunetas do Camiño Real (Ponte Nova) por escrito, e ao longo do 2017 reiteradas veces ao concelleiro de Vías e Obras, “tras os problemas existentes cando chove moito alágase a estrada e as vivendas, por ese motivo hai que telas sempre limpas”, sinalan.
Tras case un ano, decidimos, os veciños e o presidente desta asociación, limpalas pola nosa man xa que se esperamos a que o faga o Concello pasará outro inverno e seguiremos coa auga nas nosas vivendas”, conclúe Martín Otero.