Ondas de solidariedade cos Papa Noeles surfeiros de Patos Surf Club

FOTO: PEPE COSTAS // Papa Noeles surfeiros de Patos Surf Club.

Patos Surf Club celebra o Nadal ao grande cos seus Papa Noeles surfeiros, que cambian o tradicional abrigo, por traxes de licra de cor vermella. Trátase dunha iniciativa coa que leva xa 11 anos, cumprindo con este rito para celebrar o Nadal e o peche da súa tempada deportiva.

Este ano celebrarán a chegada do Nadal dos Papa Noeles surfeiros o vindeiro sábado 23 de decembro ás 11:00 horas na praia de Patos. Iranse á auga a surfear vestidos de Papa Noel e ao acabar uns doces do Nadal e chocolatada con larpeiradas de Nadal.

Este ano tamén colaboran cos Servizos Sociais de Nigrán. Piden a cada participante que asista a esta xornada que achegue 1 quilo de alimentos non perecedoiros (pasta, arroz, legumes, etc.). Tamén pode ser cacao, leite, doces de Nadal… calquera alimento será ben recibido.

Este orixinal mergullo xa se converteu en toda unha tradición no municipio de Nigrán, á que cada vez se apuntan máis amantes das ondas e porque ademais é unha xornada de achegamento gratuíto a este deporte.

Anuncios