O Torneo Benéfico do Club de Tenis Nigrán recada máis de 120 quilos de alimentos

FOTO: CLUB DE TENIS NIGRÁN // Os participantes do Torneo Benéfico.

O Club de Tenis Nigrán celebrou o pasado sábado un Torneo Benéfico no CPI Panxón. O evento alcanzou os 80 inscritos recolléndose máis de 120 quilos de comida non perecedoira que será destinada ao Fondo de Alimentos Municipal. “É a terceira vez que realizamos esta iniciativa e podemos dicir que tanto os pais como os nenos pasáronllo xenial e solidarizáronse por unha boa causa”, destacan desde o Club.

Anuncios