Éxito rotundo do Gony Z Series en Patos con máis de medio centenar de surfeiros

Gony Z Series 2017 en Patos.

Máis de medio centenar de surfeiros chegados de todo o norte de España e Portugal achegáronse o sábado á praia de Patos para participar no Gony Z Series 2017, evento de Gony Zubizarreta, La Burguería e La Conservera del Surf.

Co apoio de Volcom, a FGS, Novalbos Surf Shop, Jimmy Lion NYC e Jam Traction todo púxose en marcha con sol e ondas divertidas. O nivel de surf era moi alto e grandes nomes como Pablo Montero, Ana Borch, Jorge Suárez, Paul Boneil, Renata Lirtmand, Jorge Pernas ou o portugués Rui Sá caían en primeira rolda.

O sistema de puntuación inventárallo Gony a noite anterior e era realmente xusto, ata o propio Chemita De Paz asumiu a súa eliminación.

Todo fluíu e os surfeiros máis representativos de Patos deixáronse ver polas carpas. Todo concluído, os participantes desprazáronse a La Burguería en Vigo a gozar dunha cata da aclamada xenebra Oceánica, gozar do vídeo Eurotrash de Volcom -no cal sae Gony-, unhas cervexas, as mellores burguers e o ansiado sorteo da táboa Stinky Tofuque que caería en mans de Manu.

Todo totalmente cheo de gratos momentos e gratuíto. Unha festa con esencia de surf para os surfeiros que aínda cren no valor da oldschool e do surf de outrora.

ANTI PRO-AM
1-Nico Peña
2-Rodrigo Diego
3-Ignacio Guisasola

JÚNIOR
1-Pedro Suárez
2-Kike Conde
3-Bruno Martínez

CHICAS
1-Carlota Barreras
2-Pilar Viana
3-Rosita Vieira

MALMEQUER JAM SESSION
Premio «Campeón de perdedores» para Chemita de Paz

Anuncios