
Dende o pasado 21 de outono e durante nove xornadas disputouse nas canchas de bolos de San Roque de Camos (Nigrán), o Torneo de Nadal de bolos celta no que participaron un total de 29 parellas.
O pasado fin de semana disputáronse as semifinais e final do mesmo e o resultado foi o seguinte:
– Campioa: Pablo Rodríguez/Jose Rodríguez (Bolos Mañufe)
– Subcampioa: Javier Fontán/Sergio Fernández (Bolos San Roque/Bolos Camos)
– 3ª Clasificada: Ismael Fernández/Rogelio Bouzada (Bolos San Cibrán)
– 4ª Clasificada: David Alonso/Rafael Puga (Bolos Sobreiro/Bolos Santa Eulalia).
Este torneo pon fin a tempada de bolos 2017. Dende a Federación Galega queren desexarlles unhas felices festas de Nadal e un próspero ano 2018 a todos os dirixentes de clubs, xogadores, afeccionados e en xeral a toda a “familia” dos bolos.